martes, 26 de febrero de 2008

AVANZAMOS II

O grupo 2, de 1º de ESO, tras disfrutar da engaiolante lectura de Kafka y la muñeca viajera regalamos a todo o centro un rincón de obxectos viaxeiros. Alí calquera podía compartir obxectos esquecidos, abandonados en calquera rincón da casa, con quen quixese tirar partido deles. Foi unha experiencia fantástica.

Ah, e xa temos un nome, somos AS TOUPIÑAS VIAXEIRAS. Pronto veredes aquí a nosa imaxe.




Agora estamos disfrutando cunha fantástica novela de Fina Casalderrey, A Pomba e o degolado.
Esta vez falamos de amizades cibernéticas, da marxinación, da soidade dentro dunha escola ateigada de xente.
E como vai de ciber-amizade, tentaremos comunicarnos coa autora por esta vía e contarlle as nosas impresións a través da súa páxina web: http://fina.casalderrey.com/

2 comentarios:

  1. Esta lectura dame desexos de coñecer máis informacións sobre os paxariños...velos, onde viven...

    ResponderEliminar
  2. Gústame moito o personaxe do avo.
    E un avo muy moderno.
    Esta moi metido na nosa epoca.
    Por que utiliza moi ben os ordenadores

    ResponderEliminar