martes, 26 de febrero de 2008

AVANZAMOS V

Agora tócanos a nós, o grupo 5, de 4º de ESO. Tamén nós sufrimos algo coa lectura de Rinocerontes e Quimeras, de Marcos S. Calveiro. Un texto difícil, con constantes cambios de perspectiva, de narrador, de tempo. O ambiente tan afastado de nós, os extraños personaxes... non houbo moita química. Aínda así temos que recoñecer que aprendimos cousas interesantes e curiosas coa súa lectura e que tamén reflexionamos xuntos sobre a actitude que tomaríamos nós de ser "deformes", diferentes, para desenvolvernos nunha sociedade que esconde, rexeita e mira mal todo o "anormal".



Nesta semana comezamos nova lectura, un clásico, con protagonista adolescente e urbano, cunha problemática moito máis próxima a nós. Trátase de El guardián entre el centeno de J. D. Salinger.

Tal vez teñamos moito que ver con Holden, o potagonista, ou nada, pois se trata do típico neno-ben, dunha familia acomodada na que todo se lle da e se lle consinte, cuns pais demasiado ocupados polo traballo e os compromisos sociais. Holden non ten ilusión por nada, non sabe o que quere, nada lle enche e todo lle parece raiante... e ademais, bótano fóra do instituto no que estudia. A cousa promete.

2 comentarios:

  1. Primeira sesión deste magnífico libro. Elas, entusiasmadas (algunha, a estas horas, xa rematou o libro). Eles, preguiceiros (algún a estas horas aínda non comezou a ler). Nós, expectantes. Non hai como o chocolate con pan de centeo

    ResponderEliminar
  2. o libro non está tan mal e o comentario molestoume eu estou lendo o libro. vale o primeiro día non me presentei pero gustame. Está ben!

    ResponderEliminar