martes, 26 de febrero de 2008

AVANZAMOS

O grupo 1 de 1º de ESO levamos un ritmo de lectura moi áxil. Vimos de rematar a nosa segunda obra, Illa Soidade de An Alfaya, unha emotiva historia de solidariedade e amizade. A súa protagonista, Lucía, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes no seu barrio. Illa Soidade descobreunos unha vida marcada pola paixón e a soidade e fíxonos reflexionar sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Así mesmo, a novela lévounos polo descoñecido mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos.
Esperamos a visita da súa autora para finais do próximo mes.


Agora estamos en marcha xa cunha obra de Fernando Marías, Cielo abajo, II Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil 2005.
Nesta ocasión o narrador atrapa a nosa atención gracias ás peripecias do protagonista, Joaquín Dechén, un adolescente orfo que soña con ser algún día piloto e que se ve involucrado sen querer na batalla de Madrid (novembro de 1936). Na novela mistúranse os acontecementos históricos e as complicadas vidas personais dos seus protagonistas, os aviadores e unha muller, Constanza. Estamos entusiasmados con esta historia tan prometedora.

1 comentario:

  1. Sodes verdadeiramente uns lectores voraces! Noraboa pola selección de lecturas e polo voso interese.

    ResponderEliminar