miércoles, 16 de abril de 2008

AGRADABLE SORPRESA I





Esta semana estivemos lendo comics e na miña opinión estivo xenial.Nunca antes lera comics e encantoume,se non fora polo club de letura non me tería animado,estiven lendo Persépolis e gustoume moito porque, a parte de que conta a vida dunha rapaza, vai falando de guerra e eso encántame. Penso seguir lendo comics.


Viviana Pensado Vieito

Para min ler cómic foi unha nova experiencia xa que nunca me chamaran a atención este tipo de libros. A min tocoume ler Castle Waiting e, aínda que ten uns personaxes un pouco raros, a súa historia foi moi divertida e entretida.

Iria Vieito Mira


Eu lin Maus unha boa obra de Art. O libro contanos a historia de Artie que quere facer un libro sobre a historia de seu pai. O pai é xudeo e sobreviviu á Segunda Guerra Mundial. A narración alterna entre o presente e o pasado. Gustoume moitísimo e con el aprendín moita historia.
O Lector Errante.

1 comentario: