sábado, 17 de mayo de 2008

AS TOUPIÑAS LECTORAS...DIGO, VIAXEIRAS

Aquí estamos os compoñentes do grupo 2 de 1º de ESO, "As toupiñas viaxeiras", coa nosa coordinadora, Naty. Somos Alberto, Diego, Adrián, Claudio, Dounia e Noemí. Seguimos enganchados coa lectura da obra de Amos Oz: De repente en lo profundo del bosque. A historia conta que un pequeno pobo, situado xunto a un bosque, padece a maldición de ter perdido todos os seus animais, desde os cabalos e as vacas ata os peixes, as aves ou os insectos. Cada personaxe sobreleva esta perda de xeito diferente: uns tolean, otros esquecen, algúns tállanos ou píntanos, a maioría péchase atemorizada pola noite e só dous ou tres nenos atrévense a cuestionar a verdade oficial.
Esta fábula enganchounos desde o primeiro momento e estamos desexando saber como remata. Xa vos contaremos a nosa opinión!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada