viernes, 2 de mayo de 2008

QUE TERÁN OS CÓMICS?!

O grupo de lectores de 4º de ESO está a descubrir con admiración e ledicia o marabilloso mundo dos cómics. Tan enganchados están a este xénero que decidiron seguir co mesmo. Ademáis das coñecidas Castle Waiting 1 e 2, Blacksad 1 e 2, El Caminante e Aya de Yopougon 1, temos como novidades as seguintes:

Presentado no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, chega ata nós a segunda parte de Aya de Yopougon (que Tamara e máis eu xa estabamos desexando saber como seguía a historia). Marguerite Abouet e o ilustrador Clément Oubrierie sitúan a historia nun apacible barrio de Abiyán, en Costa de Marfil, onde a xente vive tranquila. Pero pequenos problemas como a paternidade dun neno, a crise da cervexa ou un concurso de miss porán a proba a paciencia dos veciños.


Arrugas de Paco Roca é un emocionante retrato da vellez e os problemas que conleva como o Alzheimer e a demencia senil. O protagonista é Emilio, un antigo executivo bancario que é internado nunha residencia de anciáns tras sufrir unha nova crise de Alzheimer. Alí aprenderá a convivir cos seus novos compañeiros e os coidadores e loitará para intentar manter a memoria. No Salón de Barcelona acadou o Premio á Mellor Obra de autor español 2007 e o Premio ao Mellor Guión de autor español 2007.

1 comentario:

  1. O mundo dos cómics, segue a ser o gran descoñecido da nosa literatura, uns non o mostran porque ten letra e non é só obra gráfica, os outros porque o peso da ilustración reduce o texto e... así imos, innumerables obras mestras en busca de lectores, agochadas nos estantes...
    Paréceme interesantísima esta experiencia de lectura dos cómics, especialmente este título de Arrugas que destaca polo lirismo e a delicadeza coa que se trata unha enfermidade cada vez máis frecuente nosa sociedade. Intercalar as deformacións da realidade que percibe Emilio, na vida da residencia e na evolución do Alzheimer, nos humaniza.
    Noraboa pola escolla e grazas polas suxestións de novas propostas

    ResponderEliminar