miércoles, 14 de mayo de 2008

COMENTARIOS DE CÓMICS II

Viviana: Esta semana estiven lendo o cómic Castle Waiting, xa lin as dúas partes e gustáronme moito. Nunca pensei que me fose gustar tanto ler cómics. É unha pena que xa se acabe o club de lectura, a verdade é que o tempo pasou voando e o mellor está por chegar porque o mércores que ven imos de excursión a Vigo. Teño claro que o imos a pasar moi ben.

Iria: A min esta semana tocoume ler AYA de Yopougon 1, foi o cómic que máis me gustou xa que me dou unha idea dun país, África, totalmente diferente da que eu tiña.
Aínda que o club de lectura remate eu espero seguir lendo por moito tempo.

O Lector Errante: Eu lin Blacksad, unha novela negra de cómic. Gustoume moito e recoméndoa a quen o queira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario