lunes, 23 de marzo de 2009

EL CONSUELO, Anna Gavalda


O club de lectura de adultos está embarcado noutra apaixoante aventura. Esta de verdade! Estamo a ler El consuelo da escritora francesa Anna Gavalda (La Plus Belle Lettre d'amour, 1992 ; Je voudrais que quelqu'un m'attende quelque part, 1999; Ceux qui savent comprendront, 2000; L'échappée belle, 2001; 35 kilos d'espoir, 2002; Je l'aimais, 2002; Ensemble, c'est tout, 2004).

Conta unha historia chea de ternura, humor, sufrimento, soidade, familia, recordos, vivencias, pasado, presente, cidade, campo... A novela está protagonizada por Charles Balanda, un arquitecto de 46 anos inmerso nunha crise persoal e profesional. O estilo é sinxelo, aínda que poden entorpecer a lectura as sucesivas alternancias no punto de vista narrativo. Que ninguén se desanime, paga a pena o pequeno esforzo para disfrutar desta marabillosa historia de... amor?

5 comentarios:

  1. Rematada a lectura, chega o momento da valoración. :-?
    A primeira novela de A.Gavalda que lin, Xuntos e máis nada, deixárame a sensación de que o final era demasiado edulcorado, despois de tantos sufrimentos e tribulacións. Desta vez, atopo bastantes paralelismos: personaxes a piques do colapso, moita soidade, desencontros, incertezas, desorientación... Pero estaba desexando que se producise un desenlace como o que efectivamente lin. ;)

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Xenial!
    Acabei coa mesma sonrisa bobona que cando lin “Xuntos ....”.
    Volvemos a París e volvemos á campiña francesa, pero nada que ver unha historia coa outra, non se fai repetitivo.
    Personaxes tan profundos e tan enganchados á vida, a pesar das dificultades que se lles cruzan, que apasionan.
    Máis dunha vez oín comentar que as novelas de Gavalda son pouco realistas. Pero, acaso non sería máis irreal que Charles aguantara unha situación que o facía tan sumamente infeliz, unha muller que non sentía nin respecto por el, proxectos de traballo imposibles? Sería máis lóxica unha actitude masoquista e aguantar carros e carretas sen amosar un atisbo de benquerencia por sí mesmo?
    Tal vez o último toque con respecto a Nounou, sexa unha “vuelta de tuerca”, pero entendo que non lle parecera xusto deixar a Nounou rodeado de esa familia súa que nunca estivera ao seu lado. Supoño que a certos personaxes cólleselle cariño.
    Non é este un libro no que se narra un romance con “happy end”, non se trata diso (paréceme a mín). É un himno á positividade, unha homaxe aos “membros desa aristocracia” da que nos fala Gavalda: “...as persoas solícitas, discretas e valentes. ... a única victoria permanente da nosa estraña raza sobre a crueldade e o caos.”
    Quédome con un dos Haiku do libro de Ellen:

    Cubierto de mariposas
    El árbol muerto
    ¡florece!

    PD: Non sei si xa dixen que me encantou.

    ResponderEliminar
  4. Bueno, rematei por pracer o que comecei como abriga. I eso que a novela é esgotadora: tanto sentimento e tanta intensidade de principio a fin durante máis de cincocentas follas. Por un tempo pensei que me ía ver atrapada nunha novela con pouca trama, poucos personaxes e moito eu sinto isto ou aquilo, algo que me aburre profundamente e no que penso que caen (e pido desculpas por pensar algo tan politicamente incorrecto) máis as mulleres escritoras que os homes. Tamén pensei que ía ser un relato pesado e pesimista onde se ía reiterar o sufrimento, o cansazo, a desilusión e o fastío do protagonista. E despois, bastante despois a verdade, o círculo comézase a pechar, aparece a vida, a esperanza.
    Por aí lin que quizá a novela era moi edulcorada e pouco realista, como se a realidade mellorase a calidade das novelas. A min éme igual.
    Gustoume moito (xa sei que non ten moito que ver, pero penso aproveitalo para as miñas clases) o de que para resolver un problema había que debuxalo, aínda que o debuxo non fose bo, porque nos ía obrigar a observar. (Non atopo a cita entre a inmensidade do libro, así que se alguén o fai .....). Os comentarios sobre arquitectura (o dos desniveis, por exemplo), non teñen desperdicio.
    O libro e longo e da para comentar moitos máis aspectos. Déixoo para canda nos xuntemos e mentres tanto animo aos rezagados a seguir buscando o sentido do libro ou da vida.
    Saúdos a todos de Polilla

    ResponderEliminar
  5. Hola compañeras/os, finalmente terminé la lectura de nuestro último libro, y tengo que decir, aún sabiendo que no ha sido esa la tónica predominante precisasemte, que yo lo empecé leyendo con bastante entusiasmo(me parecía que prometía una historia interesante),pero éste se fue desinflando poco a poco...La verdad que siento decir que ese caos de vida, indecisiones, problemas de pareja, de trabajo....no he llegado a concectar con ellos y se me ha hecho, pues, una lectura que me decía poco.
    De todas formas, ya intercambiaremos más impresiones en la reunión.Un saludo.
    (Roberto)

    ResponderEliminar