martes, 3 de marzo de 2009

SHAKESPEARE CON LIMÓN, POR FAVOR


"...AS FANTASÍAS SON O ÚNICO ESPAZO ONDE HABITA A XUSTIZA QUE COMPENSA A NATUREZA XIBOSA DA REALIDADE"
Así comeza, pouco máis ou menos, O Globo de Shakespeare, a obra de Jaureguizar que estamos a ler no grupo de adultos.
Esa realidade xibosa tan evidente no personaxe de Ricardo, déixase ver tamén no resto de homes e mulleres que habitan esta novela. Nós mesmos formamos parte desa farsa cotiá en canto seres imperfectos...
E os limóns? Que pintan nesta historia?

Algún xa rematou a lectura, outros case tamén, así que os rezagados bulide!, que xa é tempo de reunirnos e falar vagariño deste microcosmos do pasado/presente.

8 comentarios:

  1. Ben, vou tentar romper o xeo sen desvelar segredos nin adiantar acontecementos aos que están de camiño. Hoxe mesmo rematei a lectura. Entusiasta ao principio pero :-? non sei, as espectativas iniciais de personaxes tan prometedores (o xiboso Ricardo, seu narcisista pai Leandro, o escritor de éxito, a súa extraña esposa Adriana, e o arrecendo a aceite de oliva de Celia) acabaron perdendo forza e desencantando un pouco. Non digo máis. Cando nos vemos? Vou durmir I-)

    ResponderEliminar
  2. Bueno, yo también leí ya esta historia, o conjunto de historias entrelazadas, que nos propone Jaureguizar.Y..., vaya temas que nos plantea, tan de actualidad, por cierto, el autor. No voy a entrar en profundidad a comentarlos, pues algun@s estais en su lectura,pero si diré que... tenían jugo los limones... Yo también opino, marmota, que el final es un poco "rizar el rizo" y no queda muy convincente. Pero bueno, ya hablaremos mas detenidamente saboreando un buen café.(Roberto)

    ResponderEliminar
  3. Rematada esta sucesión de disparates, só queda compadecerse do pobre Shakespeare, que sen pretendelo acabou metido nunha trama absurda poboada de personaxes incribles (no peor sentido da palabra). Ai que limóns tan amargos!

    ResponderEliminar
  4. Dende o principio costa facerse idea de cara onde van os pasos, hai tantos frentes abertos! Tampouco o fai fácil esa estructura coma concéntrica: un drama supostamente “shakespeariano” dentro doutro, e outro máis. Un non para de dar choutos durante toda a novela, de perxonaxe en personaxe (a cal máis esperpéntica). Do escenario dos dramas de Shakespeare ao decorado das películas do salvaxe oeste. Un pazo nunha vila con historia, asediada por chinos invasores. Un paseo en globo? Terroristas de al Qaeda? Un gran barullo de xente, lugares e situacións surrealistas.
    Aquí vos deixo un link no que o escritor fala da súa obra, pode resultar clarificador:

    http://www.youtube.com/watch?v=3qGXAu1_Ix0

    A que tipo de escritores e novelas "aburridas" se refire?
    As razóns que da J. Para facer unha novela comercial, ten moito que ver co motivo que luce na camiseta (fast food).

    ResponderEliminar
  5. Froescia, o vídeo é impagable. Queda claro o motivo do seu traballo:"Eu quero vender libros". Fai graza a súa afirmación: "Nesta obra hai espectáculo e sangue como nas obras de Shakespeare" Que modesta comparación! :))

    ResponderEliminar
  6. Puf puf puf! Que remexido. Non ten xeito. Pregúntome se os petas non serían exclusiva do chepudo. Falemos cun café

    ResponderEliminar
  7. A historia surrealista, con bastante humor ainda que polo final desinflouseme o globo. O millor, atoparme co galego e con moitas palabras presiosas!Mmmm! así como algunhas imaxes delirantes do Jaureguiza. Ah! Quen atopara nun mercadillo ese reloxio de parede co moucho desecado e co parche no ollo...e ese aceite de oliva que recende como a millor perfume francés! Soan as merlo menos cuarto, vou tomalo té!.

    ResponderEliminar
  8. Bueno, a ver se de esta vai.
    Por fin lin o libro. Pero non sei que opinar. Normalmente sei se un libro me gusta ou non ou se é bo ou malo, pero hai libros que, polo que sexa non alcanzo a apreciar ou a entender. Se cadra é polo galego de diccionario ou polas continuas alusións a un Shakespeare que apenas coñezo (xa sabedes, estou afeita á lectura facil dos bestsellers), pero o caso é que as continuos diálogos de Ricardo me parecen traídos polos pelos, ademáis de pouco interesantes e a historia tampouco sei se é de beleza surrealista ou estou nun episodio pouco gracioso de Mortadelo e Filemón.
    Limóns a todos.
    Polilla

    ResponderEliminar