jueves, 28 de mayo de 2009

LA SONRISA ETRUSCA, J.L. Sampedro

Onte tivemos reunión do club de lectura de 4º de ESO. Falamos de La sonrisa etrusca, o libro de J.L. Sampedro que nos ten engaioladas.
Non houbo máis que comentarios eloxiosos sobre a maneira de presentar ao protagonista, o vello aldeán de Calabria, ao sur de Italia, que vai vivir a Milán co seu fillo, a súa nora e o pequeno Brunettino, o netiño no que ve a continuación de si mesmo. Ese neno pasará a ser o centro da súa existencia, a fonte de tenrura que nunca pensou ter nin sentir.
É unha historia emotiva e fonda, que nos fai reflexionar sobre o paso do tempo, a vellez, a enfermidade, a morte, a incomunicación, a mentalidade machista e tantos outros temas graves que aparecen acompañados dun certo ton humorístico.
Na vindeira reunión comentaremos o desenlace desta novela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada