miércoles, 13 de mayo de 2009

VACAS MORTAS


Na reunión de hoxe do grupo de 4º comentamos a nosa derradeira lectura, a novela de Jaureguizar A cova das vacas mortas. Coma sempre houbo diversidade de opinións e valoracións. Velaquí unha mostra:


  • AROA dixo: Ao principio a historia non me enganchou, pero ao aparecer Iria comeza a emoción e o misterio coa desaparición do avó.

  • ELVIRA: O libro gustoume pero ás veces é un pouco repetitivo. O personaxe que máis me gustou foi o da nai de Xoel, con todas as celebracións que facía cando saía do cárcere.

  • ÁNGELA: O libro gustoume porque lle dá a volta ao tópico do fillo drogado e a nai preocupada.

  • VERÓNICA: A historia non está mal, pero ás veces cando fala o avó resulta un pouco pesado porque non conta historias divertidas. Por outra banda a vida de Xoel era un caos porque estaba na miseria e a súa nai pasaba de todo.

  • ALICIA: Paréceme unha historia algo entretida. Gustoume a relación de Iria e Xoel e como marchan xuntos ao final. Pero en conxunto non me atrae.

  • LORENA: A historia en si está ben, pero ao principio pareceume aburrida. Gustoume cando Xoel comeza a saír con Iria e se namoran. Xoel é un rapaz moi responsable: coida máis el da súa nai que a nai de el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario