viernes, 4 de mayo de 2012

En 2º de ESO as voraces lectoras acabaron El lugar de los murciélagos, escrito por Joan Manuel Gisbert.
 Para Nuria , Celena, Mª José ,Melania, Carla e Fran este libro é moi interesante, unha historia onde se contrapón o ben e o mal, aínda que acaba vencendo o ben.....

Aquí temos algunhas das súas opinións:
" É un libro moi misterioso. Nunca te esperas o que vai pasar".
"  É un libro fascinante que che deixa con intriga ".
" Trata dunha historia na que o mal está presente xunto coa amargura para aproveitarse da tristeza e da pena que sinte unha familia que perdeu a seu fillo."
" A pesar do medo e dos contratempos podemos sacar forzas e facerlle fronte aos problemas máis profundos."
Así que se queredes saber quen acaba matando a Hermes Graña....e cómo a familia Reinosa perde ao seu fillo en estrañas circunstancias....teredes que lelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario