martes, 13 de noviembre de 2012

Preparadas, listas... a ler!

Superado con éxito o período de adaptación ao novo curso, e cos motores quentiños, arrincaron nas últimas semanas os grupos do club de lectura do CPI San Vicente de 3º e 4º de ESO.

En 3º houbo un grande éxito de convocatoria e temos un grupo moi numeroso: Nuria, Paula, Melania, Melissa, Estefanía, Nerea, Celena, Janet, Samuel, Fabián, Fran, Brais e José Manuel, con Ana como coordinadora. Van ler un libro de misterio e aventura, dos que din que lles gustan: A noite que Wendy aprendeu a voar, de Andreu Martín.

O grupo de 4º está a ler un clásico contemporáneo, El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger. Son Eva, Rosi, Lucía, Olaya, Adrián e Carlos, e a profe responsable é Mar.

En breve botará a andar tamén o grupo de teatro en inglés de primeiro ciclo de ESO.

A gozar da lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario