lunes, 21 de enero de 2013

DE CAMPOS DE CENTEO E OUTROS INCIDENTES...


O club de lectores de 4º de ESO, despois de saborear intensamente a novela de Salinger, El guardián entre el centeno, anda agora engaiolada co curioso incidente que nos relata Christopher en primeira persoa na famosa novela de Mark Haddon: El curioso incidente del perro a medianoche.

Dúas novelas ben diferentes pero que están a prender o interese de todos. E aínda que non levamos ritmos de lectura moi parellos... (Adrián é unha bala, mentres que Carlos é a nosa tartaruga), cada sesión de reunión é sempre un rato moi agradable para todos, no que intercambiamos as diferentes sensacións e impresións que nos produce cada fragmento de lectura.

Na sesión do vindeiro mércores 23 despedirémonos de Christopher para comezar unha nova aventura da man de Carlos Ruiz Zafón coa súa Sombra del viento, suxestión de Adrián que todos estamos desexando comezae a ler.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada