miércoles, 16 de enero de 2013

Rematamos un e empezamos outro... ano e mais libro do club!

Xusto antes das vacacións de Nadal, o grupo do club de lectura de 3º ESO rematamos A noite que Wendy aprendeu a voar. O éxito foi desigual: a tod@s nos pareceu fácil de ler e ameno, pero houbo quen o atopou emocionante e quen o xulgou demasiado "peliculero" e mesmo algo infantil.  Opinións diversas, pois.

Para o ano novo comezamos con Aire negro do sempre agradecido autor Agustín Fernández Paz, unha novela de suspense do estilo que lle gusta á maioría de integrantes do grupo de lectura. Ten trazas de ser moi emocionante e irnos enganchar: a ver se cumpre as expectativas! Temos que agradecer ao Servizo de Normalización Lingüística do concello de Outes que nos prestase a colección de once exemplares deste libro da que dispoñen na Biblioteca Municipal: o intercambio entre clubes é sen dúbida unha moi boa opción nestes tempos de crise e recortes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada