sábado, 17 de mayo de 2008

VORACES LECTORES

Ola! Nós somos os compoñentes do grupo 1 de 1º de ESO: Noel, Lidia, Lucía, Sheila, Andrea, Lorena, Daniela, Alejandro e a nosa coordinadora Ángeles. Continuamos a lectura da obra de José Luis Sampedro: La sonrisa etrusca e no momento de facernos esta foto estabamos botando un ollo a un mapa de Italia, localizando os pobos e cidades que aparecen citados na novela: Milán, Catanzaro, Calabria, Arezzo, o río Po... Todos voamos coa imaxinación a estes lugares, escoitando os comentarios entusiasmados de Ángeles, boa coñecedora deste país.
A lectura, como é habitual en nós, leva un ritmo máis que aceptable porque esta historia tan emotiva deste avó, enfermo, e deste neto, que simboliza a forza do futuro, tennos moi pendentes do desenlace. En canto rematemos a obra publicaremos os nosos comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada