domingo, 15 de marzo de 2009

COMENTARIOS SOBRE "O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN"

Os alumnos e alumnas de 4º curso de Diversificación Curricular remataron a lectura de O señor Ibrahim e as flores do corán de Eric -Emmanuel Schmitt. Estas son algunhas das súas opinións:
O libro gustoume moito, pero o final non o esperaba así.
Foi un dos poucos libros que rematei de boa gana. Paréceme moi duro que o pai abandoe a Momo cos once anos que tiña daquela. (Tania)

Este é un libro moi interesante, é un relato moi sinxelo de ler e pouca extensión. Dos libros que lin durante o curso, creo que é o que máis me gustou de todos. O que menos me gustou foi o final porque non pensaba que remataría así. (Martín)

Este é un dos libros que máis me gustou de todos os que lin este ano. Unha das cousas que máis me gustou foi que o tendeiro sabía que Momo, o rapaz, roubaba, pero aínda así decide ser amigo seu, e acaban sendo moi bos amigos. O que menos me gustou foi que o pai tratase mal a Momo e que o comparase co seu irmán, e que ao final morrese Ibrahim. (Pablo)
Nos vindeiros días veremos a película baseada nesta fermosa historia. Velaquí un adianto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario