miércoles 18 de noviembre de 2009

AUTOBIOGRAFÍA DE UN COBARDE

Hoxe, mércores 18, "Os anónimos" (club de lectura de 3º e 4º) reuníronse para comentar o remate da novela do recentemente premiado Alfredo Gómez Cerdá. Estas foron as súas conclusións:


O final do libro non nos gustou, debido a que o desenlace é o "de sempre", esperabamos outra cousa, como unha morte... un final triste.
Despois, á hora de narrar, moi repetitivo. O personaxe que menos nos gustou foi Jonatan e o que máis Pam, xa que é unha rapaza de bo corazón, madura e responsable. Pola contra Edu non se mostra maduro ata o final.
Hai que ser fiel a un mesmo e non deixarse levar polo que pensan os demais,

esa é a mensaxe que nós interpretamos, a principal. Atenta contra os xenófobos, xa que Pam representa a unha estranxeira e é unha rapaza normal, con bos sentimentos.

"Anónimos de 3º e 4º"

Aproveitamos tamén para repartir os exemplares da nosa seguinte lectura: El mundo según Larry: unha emocionante novela que de seguro nos dará moito que falar nas vindeiras reunións.
Atrevédevos a intentar cambiar o mundo?

sábado 14 de noviembre de 2009

J.London: MARTIN EDEN


O grupo de adultos (que non maiores) comezamos nova aventura da man de Jack London e a súa novela Martin Eden.

Na reseña da edición de Akal lemos: "Un mariñeiro de 20 años, forte, guapo e curtido, cun historial de delincuencia e traballo rudo, é invitado case por accidente a cenar nun fogar pequeno burgués. Queda fascinado ante o que se lle presenta coma cultura e civilización. A partir dese momento sinte que ten «un mundo por conquistar», e a rapaza que o acolle pensa que debe salvalo.

É "Martin Eden" (1909) a máis autobiográfica das obras de Jack London. Incomprendida no seu momento foi co tempo lectura inolvidable para xeracións de escritores. Esta tradución é a única íntegra en español."

Atoparedes máis información en El alma impresa e Solodelibros.

Vémonos no foro!

domingo 8 de noviembre de 2009

PASAMOS PÁXINA

Continuamos pasando as páxinas das nosas lecturas. Os grupos de 3º e 4º xa van rematando a realista historia de Autobiografía de un cobarde de Gómez Cerdá, e proximamente teremos aquí publicadas as súas valoracións da obra.
O grupo de adultos tamén damos por rematada a lectura de Y punto de Mercedes Castro, unha novela que trascende o xénero policíaco e provoca opinións máis que dispares.

domingo 18 de octubre de 2009

DELETREANDO

Hora de Ler, Plan lector, fomento da lectura, recomendacións de libros...

realmente funcionan?

Ou teremos que presentar aos nosos alumnos o marabilloso mundo dos libros dunha maneira máis especial?

Así presenta a compañía FLASH TEATRO o espectáculo DELETREANDO, no que combinan diferentes técnicas como o mimo, os monicreques, as sombras... para crear un ambiente cheo de maxia e ilusión.

Deberíamos aprender un pouco dese xeito de achegar a lectura aos rapaces?

miércoles 14 de octubre de 2009

COMEZAMOS!

O pasado mércores 7 de outubro reunímonos para presentar o Club de Lectura e os primeiros títulos para este novo curso.

martes 6 de octubre de 2009

PROBANDO FORO MOODLE



Curso novo, tecnoloxías novas. Imos aló queridos membros do Club de Lectura de adultos.

Como xa recibíchedes por e-mail as vosas contraseñas non tedes máis que pinchar na imaxe da portada da novela que acabamos de ler para acceder ao foro en Moodle.

Fácil e sinxelo, en só dous pasos:

  • Non esquezades cambiar o voso contrasinal (ou poderemos acceder co voso nome e escribir canta maldade se nos ocurra).
  • e despois, a contarnos todo sobre Clara Deza e a súa apaixoante vida laboral e persoal...

lunes 28 de septiembre de 2009

VISIÓN POÉTICA DO LIXO


CÁNTICO DOLOROSO AL CUBO DE LA BASURA
Tu curva humilde, forma silenciosa,
le pone un triste anillo a la basura.
En ti se hizo redonda la ternura,
se hizo redonda, suave y dolorosa.

Cada cosa que encierras, cada cosa
tuvo esplendor, acaso hasta hermosura.
Aquí de una naranja se aventura
la herida piel silente y penumbrosa.

Aquí de una manzana verde y fría
un resto llora zumo delicado
entre un polvo que nubla su agonía.

Oh, viejo cubo sucio y resignado,
desde tu corazón la pena envía
el llanto de lo humilde y lo olvidado.