miércoles, 22 de mayo de 2013

Un clásico contemporáneo da literatura xuvenial que vén do norte

O alumnado do club de lectura de 3º ESO rematou a lectura de Aire negro de Agustín Fernández Paz, cunhas impresións dispares: a algunhas encantoulles, a outras non tanto... O normal!

Xa hai un par de semanas empezamos outra novela, desta volta en castelán: Los escarabajos vuelan al atardecer, da autora sueca Maria Gripe, un libro que xa ten algúns anos pero que non perdeu nin un chisco da súa capacidade para manter os ollos dos lectores novos pegados ás súas paxinas. Unha historia na que se mesturan pasado e presente, Suecia e Exipto, amor e misterio, a razón e o sobrenatural... con tres adolescentes de vacacións como protagonistas.

As primeiras páxinas xa suscitaron unha exclamación case unánime: "Como engancha!"

No hay comentarios:

Publicar un comentario