miércoles, 18 de marzo de 2009

Misterios e morcegos


Unha casa misteriosa, un perigoso pantano asasino, un rapaz morto, unha extraña bañeira cuberta cunha saba... Os lectores de 3º estamos cativos desta espeluznante historia (El lugar de los murciélagos, de Joan Manuel Gisbert). Que será de Elma?, que pretende o señor Graña? Por que non fuxe de alí xa?

Eu creo que Elma non quere fuxir da casa por culpa de que Graña é un manipulador, non só por iso, senón que tamén creo que non marcha pola intriga de saber por que morreu Jorge. (Alicia)

Eu recoméndolle o libro a todos. O principio é un pouco aburrido, pero despois vaise poñendo moi interesante. A min nalgúns momentos incluso me dá medo. (Noelia)

Pois non vou moi adiantada, pero teño ganas de seguir. Polas opinións dos meus compañeiros o libro promete, e confio na súa opinión, por iso recomendo como eles este libro, e espero pronto acabar coa intriga. (Diana)

A min gustoume moito o que lin. É moi emocionante e paréceme interesante . Eu recoméndoo porque creo que lle pode gustar a todos. (DANIEL)

Paréceme un libro interesante e moi misterioso en tódolos aspectos recoméndoo. (JULIO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario