Xa hai un par de semanas empezamos outra novela, desta volta en castelán: Los escarabajos vuelan al atardecer, da autora sueca Maria Gripe, un libro que xa ten algúns anos pero que non perdeu nin un chisco da súa capacidade para manter os ollos dos lectores novos pegados ás súas paxinas. Unha historia na que se mesturan pasado e presente, Suecia e Exipto, amor e misterio, a razón e o sobrenatural... con tres adolescentes de vacacións como protagonistas.
As primeiras páxinas xa suscitaron unha exclamación case unánime: "Como engancha!"