miércoles, 9 de abril de 2008

Nosa Fina



Ás toupas viaxeiras, despois de ler "A Pomba e o Degolado", veunos a idea de contactar coa autora da mesma maneira que fixeron o André e a Pomba na historia. Así foi:

____________________________________________________________________

De: As toupas viaxeiras Para : Nosa Fina


"Somos as toupas viaxeiras. Un grupo de 4 nenos e 2 nenas do CPI San Vicente da Baña. Limos o seu libro "A Pomba e o Degolado" no clube lectura. Cómo lle veu a idea desta historia? André existe? Onde vive vostede? Ten moitos paxaros? Agradecémoslle a sua atención. Un saúdo"

___________________________________________________________________


De : Fina Para: As Toupas Viaxeiras


"Moi boa noite, "toupas viaxeiras"!

Que fermoso soa iso de "club lectura"!

Antes de nada, mil grazas por ler ese libro, cada día teño máis claro que vós sodes o máis importante en todo isto de ler-escribir.

André existe dentro de min e oxalá que tamén exista dentro de vós, que a historia fose verosimil, crible, ata ese extremo.

Calquera de nós en diferentes ocasións nos temos sentido acosados polas circunstancias...Ese André naceu da miña imaxinación, pero a imaxinación non é máis que a memoria "fermentada". Os que escribimos non somos deuses creadores dende a "nada". O que acontece dentro e fora de nós alimenta o noso proceso creativo.

Non teño paxaros, pero coñezo a xente que os ten e tentei "poñerme ao día", non podería escribir do que non sei...

Unha aperta e a seguir viaxando por eses tellados do mundo!

Fina




No hay comentarios:

Publicar un comentario