jueves, 24 de abril de 2008

NOVAS LECTURAS PARA 1º DE ESO

Os dous grupos de Primeiro de ESO remataron xa as súas lecturas e preparan as seguintes. Os dous títulos elexidos son espléndidos, son obras enchidas de tenrura, que nos farán reflexionar sobre a nosa propia existencia. O primeiro libro é La sonrisa etrusca de J.L. Sampedro (http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/sampedro/). Conta a historia dun campesiño calabrés que, por cuestións de saúde, trasládase a vivir á cidade a casa do seu fillo. Aínda que gravemente enfermo, este entrañable personaxe poderá disfrutar do seu neto Bruno e mesmo namorarse...


A outra obra é De repente, en lo profundo del bosque de Amos Oz, Premio Príncipe de Asturias das Letras 2007. Conta unha preciosa parábola que nos fala da extraña situación que se vive nun pobo no que non existe ningunha clase de animal. Os dous nenos protagonistas decidirán investigar este misterio. Atoparedes máis información sobre o autor en http://www.fundacionprincipedeasturias.org/esp/04/premiados/trayectorias/trayectoria826.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario