domingo, 25 de mayo de 2008

A VOLTA A VIGO EN MÁIS DE 80 VERBAS

Aquí estamos case todos os compoñentes do Club de lectura "Ars legendi" (faltan Viviana e Alicia, David, Naty e Salomé, que non puideron vir de excursión, e a fotógrafa que está detrás da cámara). Fixemos esta foto no porto de Vigo, diante dun transatlántico impresionante que nos invitou a soñar con viaxes emocionantes sucando os mares...A continuación paseamos polo famoso Berbés e aínda que non degustamos as ostras da Pedra, observamos aos turistas dando boa conta deste manxar ás once e media da mañá!

A continuación, dirixímonos a Samil, onde está o museo Verbum, a Casa das Palabras. Alí fixemos unha visita guiada pola exposición permanente que está organizada en catro áreas: ciencias, linguaxes, literatura e tecnoloxía, todas elas relacionadas coa comunicación humana.Dentro das exposicións temporais, tivemos ocasión de reflexionar sobre un tema importantísimo: a igualdade (ou desigualdade) entre home e muller. As diferentes opinións dos alumnos e as alumnas enriqueceron o debate, aínda que o pouco tempo que tiñamos non nos deixou profundar moito.

Despois de xantar no restaurante do museo, aproveitamos a proximidade da praia para dar un curto paseo baixo as nubes ou xogar no parque.
Pareceunos a todos unha excursión moi curta, pero había que marchar porque entre A Baña e Vigo hai moitos kilómetros (a Tino pareceulle unha viaxe eterna!!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario