jueves, 21 de enero de 2010

Campos de fresas, Jordi Sierra i Fabra


Novo libro de lectura para o grupo de lectura de
1º ESO.


Despois dunha reñida votación entre varios títulos, gañou esta novela.

A historia, que transcurre nunha poboación non localizada, arranca un venres pola noite a partir dun suceso tráxico: Luci entra en coma como consecuencia dun "golpe de calor" provocado pola inxesta dunha pastilla de éxtasis.

Seguiremos os pasos dos seus amigos e familiares durante unha fin de semana e veremos cal é o desenlace.

Este libro de seguro vos fará reflexionar, e esas reflexións son as que quero que resaltedes nos vosos comentarios.

Para saber mais sobre o escritor:



10 comentarios:

  1. Nuria Rodríguez Gómez:
    "Campos de fresas" trata sobre unha rapaza chamada Luciana. Seus amigos e mais ela toman unha pastilla, pero só lle fixo mal a Luciana. Agora está en coma no hospital.
    Eu todavía non o acabei de leer pero estame gustando.

    ResponderEliminar
  2. Lucía:
    O libro gústame bastante aínda que ao primeiro non o entendía moi ben.
    A xente que o lea pódelles axudar a reflexionar e a pensar.

    ResponderEliminar
  3. Son Eva:
    O libro de "Campos de fresas" gústame moito. Aínda non o acabei de ler pero estame a parecer moi interesante. O que lle pasou a Luciana, unha das protagonistas foi moi impactante. Gústame sobre todo cando Luciana está xogando ao axedrez coa morte, quere dicir que non xoguemos coa morte porque podería pasar algo verdadeiramente malo, espero que logre ganarlle para que poida volver coa súa familia, cos seus amigos e con Eloy que están moi preocupados. Aconséllollo a todo o mundo porque así todos sabrán o que poden facer as drogas.:-h

    ResponderEliminar
  4. Olaya Martínez Tuñas:
    "Campos de fresas" trata dunha rapaza que unha noite que sae de festa toma unha pastilla.Os seus amigos tamén a toman pero a eles non lles ocurre nada pero a ela séntalle moi mal.Ata deixala en coma.

    ResponderEliminar
  5. Iván:
    A min o libro "Campo de fresas" gústame moito. Trata dunha rapaza que tomou algo e a fixo quedar en coma. Recoméndollo aos que lle guste o misterio.

    ResponderEliminar
  6. O libro gustoume moito. Estouno rematando de ler. Enganchoume moito. Aínda que dura moi
    moi pouco(dous días)está moi ben escrito e ben
    redactado. Refrexa a realidade de moitos xóvenes. Recomendaríallo a calquera lector.
    De parte de Xoel Veiga Iglesias, 1A.

    ResponderEliminar
  7. CELENA:
    Este libro non me chamou a atención ao pricipio,logo mentres ía lendo foime gustando mais. Sobre todo xa quería saber o final. Recoméndollo a todos. É unha reflexión sobre o mundo da droga.

    ResponderEliminar
  8. LUCÍA JUNQUERA:
    "Campos de fresas", por agora gústame, aínda que non estou moi segura de saber o que di.
    O que entendín foi que, a unha rapaza deulle un golpe de calor e está no hospital. Mentres os seus compañeiros están moi preocupados por ela. Está ben para poder aprender.

    ResponderEliminar
  9. Rosana:
    Este libro gustoume moito.Aínda non o acabei pero por agora é moi bonito.Trata de que unha
    rapaza chamada Luciana está no hospital por xogar coa morte.Todos os seus amigos e familia están tristes.Ela sente a súa presenza aínda que non nos vexa

    ResponderEliminar
  10. Carlos: A min o libro non me enganchou moito . Trata dun tema un pouco delicado como é o das drogas

    ResponderEliminar