martes, 2 de febrero de 2010

O Club de adultos, de volta xa dun soño de Rinocerontes e Quimeras, viaxa desta vez a un pequeno pobo de montaña alemán pouco despois da 2ª Guerra Mundial. Ata alí nos conducirá Philippe Claudel, ao que algúns de nós xa coñecemos por outra das súas conmovedoras obras: La nieta del señor Lihn, ou incluso pola súa incursión no cine coa película Hace mucho que te quiero.

As numerosísimas críticas favorables, os premios recibidos e a simple lectura das súas primeiras páxinas son garantía de que El informe de Brodeck vai ser unha lectura deliciosa.


Hai un exemplar esperando por cada un na biblioteca e o Foro de Moodle está aberto 24 horas ao día para recibir dende XA as vosas primeiras impresións.

1 comentario:

  1. Ola Marmota,
    entrei en Moddle para comentar as miñas impresións do libro (pinta moi ben), pero non atopei o foro do libro. Ao mellor é que teño que crealo eu, por apuradilla. Se é así, explicademe un pouco, please.
    Saudos,
    Polilla

    ResponderEliminar