domingo, 18 de abril de 2010

Cartas de inverno en primavera.


Novo trimestre, nova lectura. Desta vez, e tras non poucas dúbidas, decantámonos por "Cartas de invierno" de Agustín Fernández Paz.
Imos destacar o regocixo de Lucía Covas que tiña verdadeiro empeño nesta obra que de seguro nos seduce a todos.É magoa non contar coa versión en galego, aínda que esto non lle restará deleite ao misterio que se nos aveciña.

Non vou poñer por escrito o que xa falamos na reunión, polo que si algún curioso alleo o club (ou algún membro do club despistado) necesita información sobre a novela déixovos un enlace a unha páxina do autor, que satisfará moitas outras curiosidades que poidades ter:
Só un apunte escollido entre a información que contén esta páxina web, para que sepades que se move un pouco por onde vos movedes vós:
Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, traballou como profesor de EXB en diferentes centros e exerce (ou exerceu) de profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2, de Vigo.

FELIZ LECTURA !!!

1 comentario: