lunes, 14 de junio de 2010

CLAUSURA

O vindeiro mércores 16 de xuño celebraremos unha xuntanza todos os membros do club de lectura 2009-2010. Faremos un balance da actividade e un repaso das lecturas máis valoradas e finalizaremos o encontro cunha sorpresa.

1 comentario:

  1. Aproveito a entrada para me despedir dos “cativos” e “cativas” (que aseguran non ser xa tan cativos)do club de 1ºESO. Disfrutei moito compartindo lecturas e conversas con todos eles. Fixéronme rir abondo e reflexionar non poucas veces.
    Tamén me despido dos meus “compis” do club de lectura de adultos. Levo no peto boas lecturas, Nesteas en moi agradable compañía, momentazos de cine e unha cea perfecta.
    Bicos a todos.

    ResponderEliminar