martes, 4 de octubre de 2011

PARTICIPA NO CLUBE DE LECTURA 2011-2012

Invitamos ás persoas interesadas na lectura e en compartir opinións sobre libros , a participar nesta nova  proposta do clube de lectura 2011-2012... Podedes participar , esteades estudando no CPI S. Vicente, ou non, pois tamén tedes un clube de lectura de adultos. Se vos apetece, contactade co Departamento de Normalización do Concello da Baña, do que é responsable Carme Pereiro , ou enviade un correo á Biblioteca do CPI S. Vicente.
Este trimestre leremos obras relacionadas coa violencia de xénero, fenómeno que desgrazadamente ocupa a cotío as noticias ..e falaremos de todo o divino e o humano. As obras de que dispoñemos son:
A cabeza de Medusa, de Marilar Alexandre...sobre a violación de 2 rapazas.
O inferno de Marta, de P. Alapont, trata dunha relación entre unha universitaria e un rapaz maltratador da súa mesma idade .
O diario violeta de Carlota,  de Gemma Lienas, que conta como Carlota anota no seu diario todas as situacións de desigualdade de xénero que observa.
Para adultos podemos ler Destrucción de Xabier Rodríguez López,  que narra como unha muller se vinga do seu home tras unha vida de maltratos.
 De todos ofreceremos unha crítica expoñendo as opinións que suscita a lectura do libro entre os membros do clube.Hai que dicir que o problema de estes libros  é que ás veces sacrifican a calidade literaria a prol do tema, feito que quizais nos faga repensar o noso plan de traballo.
Outro libro delicioso que recomendamos , aínda que trata máis da amizade  que da violencia de xénero,  é Tardes con Margueritte, de Marie Sabine Roger. Iso si, se todas as mulleres fixeran como a nai de Germain (je, je, tedes que lelo) , xa non se escribirían máis libros sobre o maltrato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario