martes, 22 de noviembre de 2011

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnos e alumnas da Baña queremos conmemorar esta simbólica data do 25 de novembro, escollido internacionalmente para denunciar todo tipo de violencia .
POR QUE O 25 DE NOVEMBRO?
Esta data foi escollida nun congreso feminista realizado en Colombia en 1981, para recordar o asasinato das irmás Mirabal a mans da policía secreta do dictador Trujillo, na República Dominicana en 1960. Os cadáveres, destrozados polas torturas,das  3 irmás apareceron no fondo dun precipio.A forte reacción popular a este suceso precipitou a caída do dictador. Desde entón , estas mulleres simbolizan a loita e a resistencia fronte ao opresor para o movemento feminista da República Dominicana. Son coñecidas como as 3 bolboretas, alcume que tiñan na clandestinidade.
POR QUE NOS VESTIMOS DE VIOLETA?
En marzo de 1908, nunha fábrica de algodón de Nova Iorque, as obreiras deciden poñerse en folga para protestar polas súas pésimas condicións laborais. O dono da fábrica téxtil, para poñer fin a esta folga, prendeulle lume ao edificio e morreron abrasadas 129 traballadoras.
Crese que se tomou a cor violeta como símbolo do feminismo porque era a cor das teas que se estaban tratando nese momento. Tamén se di que era a tonalidade do fume que desprendía o incendio.
Desde entón , o violeta é o símbolo das persoas que loitan para conseguir que as mulleres teñan os mesmos dereitos que os homes. Das persoas que procuran que ,ademais de que cambien as leis, cambie a mentalidade .
O violeta era tamén unha cor que antigamente estaba reservada aos soberanos. Ninguén podía poñerse unha prenda desa cor baixo pena de morte. Por iso tamén representa o sangue real que corre polas veas de cada persoa que loita pola dignidade e pola liberdade dos seu semellantes.

Por iso nós, a comunidade educativa do CPI S. Vicente, comprometémonos a ver a vida cunhas gafas violeta, traballando para eliminar as discriminacións e procurando unha convivencia xusta e igualitaria entre todas as persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario