martes, 24 de mayo de 2011

Valdemuller, X.A. Neira Cruz

As persoas integrantes do clube de lectura de 1º de ESO escolleron 2 obras de Neira Cruz para finalizar este percorrido polos libros : Valdemuller e Os ollos do tangaleirón.  Preferiron por goleada Valdemuller. A Nuria gustoulle a protagonista Mina, porque "calquera rapaza adolescente se pode sentir identificada con ela, e porque en toda familia soe haber unha ovella negra" , neste caso a tía da protagonista, persoa que resulta ser moi interesante , cunhas vivencias que axudan á rapaza a madurar e a descubrir outra visión da vida. Quizais a viaxe que realiza Mina cando recibe o  colgante en forma de estrela que lle revela a existencia da súa parente ata entón descoñecida resulta ás veces algo pesada, e a mestura de maxia e realidade como os lobos que axudan á rapaza porque a súa tía é algo meiga, resulta pouco crible segundo as nosas lectoras...pero en xeral foi ben acollido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario