jueves, 24 de noviembre de 2011

O inferno de Marta, P. Alapont

Os rapaces e rapazas do clube de lectura de 1º da ESo leron este libro e coinciden nas súas opinións:
 Ricardo cre que é un libro moi bo polo tema que aborda, os malos tratos, pero pódese mellorar: " Para min ten algúns fallos, por exemplo, as opinións dos personaxes sobre os feitos doutros son ilóxicas, e a actuación das amigas de Marta é moi estraña...parece que pasan dela aínda que logo volvan a axudala. Tampouco ten sentido a personalidade de Marta . Non resulta crible que Marta lle regale unha moto a seu mozo e os pais nin se inmutan,non interveñen para nada."
    O mesmo opina Noelia , que saca a conclusión de que " as amigas de Marta son tontas. Non me gustou o libro porque as amigasnon me gustaron nada. " De feito , cando nos xuntabamos para comentar o libro , resutaba inverosímil que as amigas non fixeran nada e un antigo  profesor que pasa polo bar, nada máis ver a Marta e a seu mozo tomando un café, xa detecta o problema e intervén de heroe salvador.
Enténdese a posición de Marta, pois desde dentro xa sabemos que é máis difícil darse de conta das cousa, pero non se entende ese desapego dos pais, que só aparecen cando lles presenta ao su mozo, e a posttura máis criticable é a das amigas.
Paula dinos: " gustoume o libro, aínda que as amigas de Marta parecéronme algo tontas. Cando Héctor fala con Marta nótaselle que non lle fai moito caso. Cando foron á discoteca, Marta pareceume tonta coa reacción de Héctor. Eu non lla perdoaría."



No hay comentarios:

Publicar un comentario