martes, 28 de febrero de 2012

Os papalagui

Este pequeno libro conta a visión que teñen de nós, "as persoas civilizadas" os samoanos.
Os papalagui é o título dun libro escrito por Erich Scheurmann (Hamburgo 1878, Armsfeld 1957) e publicado en 1920.
É unha colección de discursos que o xefe samoano Tuiavii de Tiavea dirixe aos seus concidadáns, nos que describe unha suposta  viaxe por Europa no período anterior á Primeira Guerra Mundial.
Neles o xefe samoano interpreta a cultura occidental (a dos papalaguis, ou homes brancos, en lingua samoana) desde a perspectiva dun nativo, criticando a deshumanizacióne o  materialismo da sociedade europea, e describindo con inxenuidade elementos tales como o diñeiro ou o teléfono.
Non hai probas de que tales discursos fosen pronunciados, e o autor  parece ser o propio Scheurmann.
Para Ricardo : " É unha novela moi bonita , que fala dunha tribo, dos seus costumes e crenzas , fácil de ler. Gustoume moito."

No hay comentarios:

Publicar un comentario