lunes, 5 de marzo de 2012

Montañas como islas, Forrest Carter

Forrest Carter é a substitución da identidade de Asa Earl Carter, que foi membro do Ku Klux Klan e fundador dunha organización paramilitar acusada de golpear a Nat King Cole no seu concerto de Birmingham en 1956 e de cortarlle un testículo, rociar con aguarrás e matar a un home negro en 1957. Autor dos discursos do gobernador George Wallace, atribúeselle a frase “Segregación hoxe, segregación mañá, segregación sempre."
Aínda estamos impresionados por esta información sobre o autor deste marabilloso libro que atopamos en internet, e que parece verídica. Estabamos encantados coas aventuras de "pequeño árbol" neno orfo de 5 anos educado con tenrura polos seus avós cheroquis , "un dos libros máis bonitos que lemos nunca", segundo Paula, Ricardo e Noelia de 1º . A biografía do autor non quita valor literario ao libro, un dos máis lidos da literatura norteamericana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario