lunes, 14 de septiembre de 2009

DE VOLTA


Remata o verán e o club de lectura retoma as reunións onde as deixou: no momento máis emocionante, como nos bos remates de capítulos.

O novo curso está a piques de comezar. Proximamente abriremos o prazo de inscrición para todos os interesados en participar no club, tanto alumnado de Secundaria como adultos. Visto o éxito de cursos anteriores, temos a certeza de que esta convocatoria tamén terá moitos seguidores.

Na nosa caixa de correo podedes deixar as vosas suxestións e recomendacións para este curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario