miércoles, 23 de septiembre de 2009

PRAZO DE INSCRICIÓN


Mañá xoves 24 de setembro comeza o prazo de inscrición para todos os que estedes interesados en participar no club de lectura. Podedes pasar pola biblioteca á hora do recreo para dar os vosos datos persoais. Lembrade que as reunións serán os mércores ás 15,30h e terán unha periodicidade quincenal.
Xa temos algunhas propostas de lecturas para diferentes idades:
-El puente roto de Philip Pullman
-Alicia no País das Marabillas de Lewis Carroll
-El sabueso de los Baskerville de Conan Doyle
-La mecánica del corazón de Mathias Malzieu
-Ela atopa un nome de Manuel Lourenzo
-Anxos en tempos de chuvia de Miguel Vázquez
-De maior quero ser de Rosa Aneiros


Agardamos as vosas suxestións. O prazo de inscrición remata o mércores 30 de setembro. As reunións do club comezarán o día 7 de outubro.


Animádevos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario