jueves, 24 de noviembre de 2011

A cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre.

Seguindo co tema trimestral, a violencia de xénero, as rapazas que integran o clube de lectura de 4º cóntannnos que lles pareceu este libro:
Victoria : " A min o libro gustoume.O que máis me gustou foi que Sofía acabara con Rubén, e o apoio do seu irmán. O que menos me gustou foi que , despois da violación todos actuaban coma se nada pasasee as amigas non teñen confianza entre elas. Todo o libro está ben menos o final."
Coincide con esta opinión Ainhoa :" É un libro moi interesante polo tema que toca, do que non se adoita escribir. O libro gustoume, excepto a relación de Lupe e Sofía. Parece que a violación que sufriron consome a súa amizade. "
A Noelia non lle gustou , nin entende, " a frialdade entre as rapazas e os damais compañeiros. Tampouco o final do libro.Para min o libro estaría sen acabar" .Claro, e os violadores? Cóllenos, castíganos?...
Para Gemma, "o libro é moi interesante, tampouco me gustou o final, non saber que pasa cos violadores, nin a relación entre as amigas."

No hay comentarios:

Publicar un comentario