martes, 28 de febrero de 2012

Na cerna da selva, Pere Tobaruela

Este libro narra as aventuras dun adolescente que resulta premiado cunha viaxe ao Congo, para coñecer a Diane Fossey, unha reputada estudosa e defensora dos gorilas que acabaría sendo asasinada por futivos. Hai unha película preciosa, Gorilas na néboa, interpretada por Sigourne Weaber, que conta estes feitos. O protagonista do libro vese involucrado neles, e deberá correr para salvar a súa vida axudado por dous pigmeos, nunha relación de amizade por riba de razas ou idiomas.
Vexamos o que opinan deste libro os membros do clube de lectura de 1º da ESO:
" A min gustoume moito porque ten moitas partes de acción, ensina como podemos combatir a caza furtiva. As aventuras son moi emocionantes" ( Ricardo).
" A min gustoume moito porque é moi orixinal. Cando di que no mercado vende crocodrilo faime moita graza." (Paula).
" Para min ao principio foi aburrido, pero logo cando o rapaz está cos gorilas e os homes brancos o  empezan a perseguir para matalo faise moi emocionante." (Noelia) .
Un libro trepidante , que nos axuda a descubrir África, o comercio ilegal, e a loita desinteresada dalgunhas persoas pola defensa dos animais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario