viernes, 4 de mayo de 2012

Ricardo, alumno de 1,º escribiu amablemente as súas impresións sobre a Biblioteca Ánxel Casal : " Foi unha experiencia inolvidable" Nunca crin que unha biblioteca puidese ser tan grande. É moi avanzada en tecnoloxía. Ten un sistema que serve para a búsqueda de libros on line, se es minusválido tes un ordenador para ti só e ademais lévanche os libros á casa".
Tamén lle gustou moito a libraría Couceiro : " Foi incrible, é unha librería enorme con toda clase de libros. Teñen libros vellos de valor incalculable. No último andar reparan e adornan libros con bonitas encadernacións . É unha boa librería e gustaríame volver ir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario