martes, 26 de abril de 2011

Dez negriños, Agatha Christie

Grazas á amabilidade do CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, os alumnos de 3ª están intrigados intentando descubrir ao asasino da novela (logo levada ao cine) Dez negriños. O que máis gusta da novela é que fai sentir ao lector como un protagonista máis da mesma. Só a unha persoa tan imaxinativa como Agatha Christie se lle podía ocorrer unha novela de misterio con  dez asasinatos baseándose nunha canción de berce, titulada  "ten little indians",ou  "ten little niggers" e na versión politicamente correcta "ten little soldiers"...Na Illa do Negro son reunidas dez persoas descoñecidas entre si  invitadas por un misterioso anfitrión..Un disco gravado explica que cada persoa cometeu algún crime ao longo da súa vida e deberá pagar por iso. Un a un, como os dez negriños da canción van sendo asasinados...pero na illa non hai ninguén..e cando sospeitas dun ....morre... ( Dos 17 que forman o club de lectura só unha intelixente lectora adiviñou quen é o asasino)

É recomendable ver a película despois de ler o libro (aínda que é un pouco antiga, pero moi interesante..)  Tamén existe outra que recrea a fascinante biografía da autora titulada Agatha, con Vanessa Redgrave e Dustin Hofman, aínda que quizais non moi fiel á realidade..serve para achegarnos a esta prolífica autora e non menos interesante muller.

No hay comentarios:

Publicar un comentario