martes, 26 de abril de 2011

O señor Ibrahim e as flores do Corán. Eric- Emmmanuel Schmitt.

Os alumnos de 1º quedaron sorprendidos e encantados coa lectura deste libro, aínda que algúns se amosaron indignados polo comportamento dalgún personaxe. Janet non pode entender como unha nai pode marchar cun dos seus fillos e deixar ao irmán pequeno ao coidado do pai...e moito menos que un pai deixe ao seu fillo adolescente sen máis explicación que unha nota no chan. Pero estes comportamentos aclararanse pouco a pouco a medida que profundiza a trama da novela : a tenra amizade entre un rapaz xudeu e un tendeiro musulmán que aporta a esperienza da madurez no París dos anos 60 . Dúas persoas aparentemente moi distintas pero no esencial moi similares. Hai unha fermosa película francesa que é bastante fiel ao libro , moi recomendable para ver despois da  súa lectura e ter un debate posterior sobre as relacións humanas, o multiculturalismo, as diferentes crenzas relixiosas..e a esperanza nas persoas por encima de todo. En palabras do señor Ibrahim :." Cando se quere aprender algo, non se colle un libro. Fálase con alguén."

No hay comentarios:

Publicar un comentario