martes, 12 de abril de 2011

El síndrome Mozart, Gonzalo Moure.

Tras algunha deserción do clube de lectura e dalgún cambio de libro, xa que o escollido non convencía aos lectores, 2º da ESO animouse a ler El síndrome Mozart, de Gonzalo Moure.  O autor declarou nunha entrevista que empezou a pensar no tema do libro grazas á lectura dun artigo médico sobre a síndrome de Williams, deficiencia xenética que provoca un retraso mental pero que non impide desenvolver unha extraordinaria capacidade musical. Esta é a síndrome que padece Irene,a protagonista do libro,e que quizais padecera Mozart, e que investiga o seu pai neurólogo. Aínda que esta deficiencia provoca tamén dificultades para relacinarse, non impide que Irene se vaia nanorando de Tomi. Unha das lectoras de 2º, Eva Iglesias cóntanos máis sobre o argumento do libro: " Irene é unha rapaza de 17 anos que cambiou o violín polo piano, e ten dous bos amigos: Tesa e Yárchik. A Tesa gústalle a música pop, Yárchik prefire a clásica. O pai de Irene quere que coñeza a Tomás, un rapaz  que tamén posúe a síndrome de Williams...xuntos aprenderán moitas cousas importantes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario